Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Frío


    Onte estreouse en toda Galicia a película ‘Frío’, sobre o triángulo corrupción-droga-dexeración social. En Ribadeo, a estrea estivo realmente fría: 7 persoas en total para unha estrea dunha película que resultou entre outras cousas escura de máis, e moitas veces inintelixible o son. Serían cousas do equipo,pantalla e sá empregados? Chamou a atención que non estivera ninguén da sección ‘oficial’ representando concello, cultura ou cousas así.
    Frío tamén segue o tempo estes días, pero ise non foi o motivo de que de novo se puxera unha carpa no Parque. E vou a contabilizar, así polo alto, os días que este ano o parque esa ocupado con carpas. A carpa do ‘Comercio Galego Vivo’ xa ocupou onte (9/1) o sitio, co que con hoxe xa van dous días de 10, mentres o paseo principal da outra zona de parque segue ocupada pola instalación de camas elásticas que pasou aló todo o Nadal. Coido que a xestión dos espazos públicos é moi mellorable.

    A foto, unha captura de pantalla do Sigpac modificada que se podería titular ‘Parke Okupa’ (a resaltar que as imaxes están tomadas no verán: son perfectamente distinguibles varias terrazas ocupadas nos arredores do verán 2007.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *