Visto as novas de prensa, a situación non é mi boa. E, despois de ver os destrozos polo temporal, a xente comeza a ver outras cosas como a tardanza en restablecer a corrente eléctrica. Para comezar a semana deixo a ligazón a un artigo sobre reclamacións a compañías de servizos, que soe ser un suplicio, aínda que se pasara un suplicio pola súa culpa. E, voltando á crise económica, por iso das solucións, un parágrafo do artigo de Bárbara Prost Solomon no El País onte:
“1. Non se descobre un delito de colo blanco a base de fochicar en auditorías. Primeiro hai que estar convencido de que existe un delito e logo procurar as auditorías para comprobalo, non ó revés. 2. É necesaria unha gran motivación para soportar a humillación de que a un o tomen por tolo. 3. O máis importante, hai que aprender a sortear os mecanismos do sistema (calquera sistema). Os que denuncian cousas non lle caen ben a ninguén”.
… Así resulta que unha crise que comezou sendo comentada como ‘o fin do capitalismo’ vai resultando ser un fortalecemento dos capitalistas por transferencia de recursos da xente máis pobre; que ten os mecanismos para poder descobrir os delitos e aplicar os correctivos, se os descobre, remata aplicando o que se podería chamar anti-correctivos, unha especie de recompensa por facelo mal. Ou sexa, un Guillelme Tell ó revés.
Pero non só é aplicable o tema da crise económica, senón a outras cousas como por exemplo, as asociacións de veciños que non se integran no propio sistema.