Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pleno no pleno


Onte, 13 de xullo de 2009, tocou pleno. Ireino referindo pouco a pouco, así que quen quera unha entrega xa, pode mirar o blog “Vida socio-política en Ribadeo“, onde está referido.

Polo pronto, dicir que os orzamentos foron aprobados (4 a favor do BNG, 7 abstencións de PP e PSOE, e 2 en contra de UPRi) que o pleno foi moi longo (marchei ás 11 da noite pasadas, despois de tres horas longas de pleno, e quedaba Rogos e Preguntas e a contestación ás preguntas das asociacións), e que nalgúns momentos pagaba a pena estar no pleno non polo que se dixera, senón pola vista a traverso das fiestras do concello, da cristaleira do cantón, recollendo o atardecer ou algo máis tarde, da torre da igrexa, ó lusco fusco, con iluminación interior…

Porque non había a que atender? Non, pero era unha especie de descanso necesario e relaxante. En canto a haber que atender, si o había. Moito.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *