Entérome hoxe pola prensa algo que non sabía e dame a impresión de que a maioría de Ribadeo, tampouco.
Coa renovación do Consello de Administración de Portos de Galicia, (entidade que se presentaba como paladín da macro-nave no porto) xa realizada no mes de xullo, saen a relocer os antigos e novos integrantes. Un deles, antigo e novo, pois renovóuselle o mandato, é de Ribadeo, Antonio Pertejo Castaño, como representante da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo. Pertejo S.L. é unha coñecida empresa de Ribadeo, que aínda este ano ampliou instalacións no porto e parece que vai a seguir facéndoo, a parte doutros servizos como a grúa móbil que estes días está na obra do ‘ascensor da Atalaia’. A súa web ofrece información diversa, cun aviso legal sobre o seu uso. Aparecía no seu momento como impulsora da macronave do porto a carón de Galigrain e co respaldo de Portos.