Despois dunha semana case sen publicar, atópome con que a polémica pola grúa das Figueiras está case desaparecida da prensa (aínda que non da rúa), mentras se mira ó ár para promocionar o aeródromo de vilaframil, máis ou menos cos mesmo presupostos (de cartos e miras) que a comezos da década. O helicóptero do km0 representa máis qu eunha esperanza para o aeródromo, un tentempé provisional no camiño dunha agrupación privada que o mantén con só 20 socios e un uso que se pode dicir de pouco máis ou menos 1 aterraxe/despeque á semana. Infrautilizado? si, moito. Potenciable? si, tamén. O caso está no como e na relación público/privado dunha infrastrutura que ten amosado que necesita apoio público pero que é de carácter privado. E coidado cos quixotes, que na actualidade supoñen proxectos que consumen cartos que derruban ás persoas que aspiran a poñerse ó seu carón, a aproveitar o seu impulso, e xeran, quedan despois, simples bodrios a disposición, sen uso nin visión (de futuro)
E, no medio entre mar e aire, a terra. A comarca desta semana ven salpicada que queixas instrumentadas, de xeito que ó meu ver se pode dividir algo así (unha volta excluídos os anuncios comerciais e a sección ‘axenda’):
portada: 100% propaganda/anuncios-noticia.
2ª: 50% anuncios-noticia
3ª: 75% queixas e apoios de partidos ou asociocións
4ª: 20% queixas de partidos ou asociacións
5ª: 5% anuncios-notica de partidos
O resto, sería ‘comarca en estado puro’. O malo é que unha distribución semellante non é anecdótica no que coido é o principal medio de comunicación escrita ribadense. E que deixa moito lugar á confrontación e pouco á colaboración e á creación.
En total faría cousa de 30% dedicado a temas relacionados coa política pero dun xeito ou outro levados á prensa por xente relacionada cos mesmos.
Repito, é a miña opinión, e está visto que demostrado que non ten por que coincidir coa do resto da xente … e por último, tamén se me pode achacar que, en certo xeito, isto é unha queixa (aínda que sexa de sentido ben diferente ás das porcentaxes da comarca)
Por certo, para reflexionar tamén sobre o anterior, unha entrada nun blog que non soo citar, o blog de Eduardo Punset, o do programa ‘Redes’, da 2.