Xoves 12, 20:00 horas, salón de plenos.
Foi aprobado o plan de igualdade proposto no consello sectorial da Muller. Previamente realizáranse enquisas, xuntanzas de xente diversa con gravadora, análise de temas, … Non houbo demasiado tempo para realizar os dous tomos que se presentaron. Do total de asistentes, fíxose con só dous votos en contra e unha abstención (número de colectivos pertencentes: 32). Venres pola tarde, está prevista a súa aprobación no pleno extraordinario convocado, para que sexa aprobado antes do límite do 15 de novembro.
A súa validez, dous anos, permitirá asemade modificacións polo camiño.
As páxinas de Igualdade no concello: http://www.ribadeo.org/interior.php?txt=arbore_web104&lg=gal, e http://www.ribadeo.org/interior.php?txt=arbore_web103&lg=gal
** engadido posterior: o que di, días despois, a nota de prensa do concello.