Hoxe, mércores, suspendéronse as clases en toda Galicia polo mal tempo. Si parece que no interior de Galicia a cousa pode ser peor, pero aquí estamos polo día rondando, pero sen chegar ós 0ºC nun día con frío pero polo demáis, apetecible. Pregúntome como fan logo nos países nórdicos con esto da neve e as clases. Polo momento, de cara a fin de trimestre dentro de catro días lectivos máis, coido que aparte da perda de horas, rompe o ritmo para os días que quedan. Por certo, o correo recibido polos docentes daba como fonte de información a previsión da axencia española de meteoroloxía. A predicción está na imaxe. A de meteogalicia, que xa saben os comerciantes que se soe achegar máis, non a din conseguido pola web.
E nun día con frío, calorciño para o corpo: abre en Ribadeo unha tenda de produtos eróticos, segundo parece a primeira na Mariña. Unha opción máis de agasallo de Nadal que é nova o mesmo día que o é o reparto das árbores de Nadal polo concello. Árbores de ida e volta, pois serán recollidos depois de Reis e entendo que reprantados.