Corto e pego do blog da polifónica: ” A Fundacíón “Iniciativas 21” de Santiago de Compostela vén de facer pública a V Edición dos premios “21 mulleres galegas, 21 historias cotiás”, sendo a nosa directora, Mª Carmen Rodríguez Cancelo, unha das elixidas.
Con estes premios, a Fundación quere recoñecer o traballo e a traxectoria vital de 21 mulleres galegas, pertencentes a sectores diversos da sociedade, que dalgún xeito desempeñan ou desempeñaron un labor importante para a sociedade.
O acto de entrega dos devanditos premios terá lugar o próximo domingo, 20 de decembro, ás 12 horas no Teatro Colón Caixa Galicia de A Coruña.
Tódolos coralistas nos felicitamos por este recoñecemento e amosámoslle, á nosa directora, o noso agarimo.”
… e eu únome á felicitación.
–
*VENRES 18, 20.00 HORAS, NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL
FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO
*MÉRCORES 23,
ás 20.00 horas.
CONCERTO DO CORO XOVE DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
Celebración do 25º aniversario de Mari Carmen Rodríguez Cancelo como directora da Coral Polifónica de Ribadeo
Organiza: Coral Polifónica de Ribadeo
Colaboran: Parroquia de Ribadeo, Caixa Galicia e Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo
17.30 HORAS
NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL
CARAMUXO TEATRO presenta OS BOLECHAS
*SÁBADO 26,
IGREXA PARROQUIAL
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS
*SÁBADO 26,
de andar pola Casa.
Arte contemporánea ( videocreación e ilustración sobre todo), un sopro de aire con propostas moi diversas de seis mozos e mozas estudantes da Escola de Belas Artes de Pontevedra (Patricia Gómez, Miguel Ángel Rocha, Diego Puentes, José Ignacio Reboreda, Óliver Requeijo e Roi Veiga)
forte San Damián do 26 ao 30 de decembro, en horario de 17.00 a 20.00 horas.
*LUNS 28 17.30 HORAS
NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL
MANOLO PANFORRETEIRO presenta A ÁRBORE DAS TRES TORONXAS. A partir da base deste conto popular galego búscanse sonoridades diferentes.
As composicións de Vadim Yukhnevich e Manolo Panforreteiro fan da viaxe desta historia un achegamento á música contemporánea. Guitarra, acordeón, violín, ocarina, carillón, xilófono, low whistle e outros instrumentos non convencionais forman a materia tímbrica deste espectáculo.
*MARTES 29 17.30 horas no auditorio
MANOLO PANFORRETEIRO agora con O DESERTO DE RUB AL KHALI
espectáculo de narración e música, no que a nosa música tradicional con arranxos novos e propios ten un especial protagonismo
*MÉRCORES 30 17.30 H NO AUDITORIO HERNÁN NAVAL
SARABELA TEATRO
presenta
CÓSIMA
*Mércores 30 CAPELA DA ORDE TERCEIRA 20.30 HORAS
MÚSICA DE CÁMARA co grupo ARCO VENTO
*3 de xaneiro 20.00 horas auditorio hernán naval
Concerto de ano novo da BMMR
aquí como en viena
*4 de xaneiro
MEMORIA DO MAR
A terceira das exposicións que trae a Ribadeo o Museo do Mar de Galicia vai estar na OMIC do 4 ao 17 de xaneiro.
*día 5 de xaneiro
CABALGATA DOS REIS MAGOS
**tódolos os espectáculos son de balde
A Concellaría de Cultura do Concello de Ribadeo deséxavos o mellor para o ano novo.