Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Onte



Dentro das actividades programadas para onte, asistín á presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, na Casa das Letras, ás 20:30, como estaba anunciado. O salón quedou cheo e a charla prolongouse nunha longa rolda de preguntas ata pasadas as dez da noite.
Novidades? Poucas, quizáis a máis importante é o remarcar algo xa coñecido, que as argumentacións sobre lingua non sirven (aí está o libro para negar as 55 mentiras), sendo a lingua no fondo unha cuestión de sentemento, de elección máis que de argumentación. O que non quere dicir, nin moito menos, que non teña importancia a argumentación. De feito, coido que en todo momento a discusión deu voltas ante un feito, que en xeral o galego é unha opción elixida de xeito consciente, mentras que se non se plantexa tal escolla voluntaria, o que se fala é o castelán.
En fin, o longo debate foi debido ós participantes, que encheron ó local, e que en xeral se vían implicados como usuarios da lingua. E os comentarios anteriores, non collidos só coa cabeza, senón entrelazados coa percepción de sentementos, son unha visión persoal dun dos participantes.
… por eso, toman máis importancia as referencias externas, como esta sobre o libro presentado, no El País.
… ou esta outra, sobre a morte dunha lingua, onte mesmo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *