Primeira parte do pleno de 20100510.
A primeira moción foi do PSOE sobre o plan de transición á TDT, para istar á Xunta a obrar segundo o convenio co estado. Foi calificado de extemporáneo por UPRi (a TDT xa está en marcha) e o PP preguntou se tiña que poñer cartos o concello como se indicaba. ó final, modificouseengadindo un tema sobre a mellora da sinal, sen custe para o concello, e foi votada por unanimidade.
A segunda moción, de UPRi, para o cobro bimestral dos recibos eléctricos ata que se fagan as lecturas de congtadores mensuais, en base a máis de 270 reclamacións que ó parecer foron presentadas en Ribadeo en relación co tema, foi recibida polo PSOE como unha especie de galimatías (pídese á Xunta que pida ó Goberno central), anunciando abstención. O PP alega que son os propios consumidores os que teñen que poñerse en marcha, e o BNG dice estar de acordo co fondo, aínda que non coa forma. Ó final, votan a favor BNG e UPRi (6 votos), e abstéñense PP e PSOE (7 votos)
A seguinte foi en apoio do porto de Mirasol, presentada polo PP. En realidade, explicaron que se trataba de cúas cousas diferentes, pero que non había inconvinte en tratalas xuntas: o instar á Xunta a seguir na liña de apio a Mirasol manifestada últimamamente e a petición a Fomento dun trato e inversión semellantes ós adicados a Asturias para levar o tren ata Mirasol. Como esra de esperar, a votación foi unánime, pero con axustes: o PSOE axustou que non via que houbera que manifestar ‘agravio comparativo’ segundo se tratou no pleno, e o BNG axustou que tiña claro que había que apoiar, pero sen facer barbaridades como o armatroste que se pretendía ó pé da auga.
A última moción correspondeu a UPRi, e foi unha moción de urxencia sobre o expediente aberto á traballadora do piso tutelado. Houbo diversas intervencións, que se resumen en que o goberno municipal, por unha beira, defende que o expediente é informativo, non disciplinario, e polo tanto, non implica de principio ningunha agresión á traballadora, e polo outro, os grupos insistindo en que eso é unha chiquillada por parte da alcaldía. así as cousas, o que se discutiu foi á partires da base xurídica, intervindo o alcalde en que dubidaba que o pleno poidera arquivar expedientes, co apoio do segredario, que especificou que, no caso de haber acordo, sería unha recomendación, ser valor xurídico. Pasou a votación sobre a urxencia e a aprobación co mesmo número de votos: 9 contra 4 abstencións.
A partir de aí, as preguntas e rogos.
Nota de prensa do concello sobre o pleno.