Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

José Saramago


Morreu José Saramago. Lonxe quedan os días nos que unha ministra de España, de Cultura, ante a concesión posible do Nobel ó autor, declaraba que que non coñecía a ningunha Sara Mago. Se xa foi curioso no seu día, hoxe sería inconcebible unha contestación así, aínda que non fora ministra de Cultura quen falara.

Retrasei un pouco a entrada no blog como unha homenaxe de silencio tamén meu a unha persoa que non coñecín máis que polas súas obras (e hai que lembrar e valorar aquelo que di a biblia de ‘polas súas obras os coñeceredes’, Mt 7,16).

Recomendo unha e outra vez o seu ensaio sobre a lucidez, lexible en portugués, e que leva a outras obras súas que se intúen como unha referencia noutros aspectos vitais da sociedade hoxe.

Sobre Saramago en si, os ‘Cadernos de Lanzarote‘ ofrecen unha visión do seu filtro vital persoal, unha persoa que dubidaba do que facía, como aparece nalgún comentario dos que lin estes días, polo que procuraba achegarse a facer as cousas o mellor posible, sabendo que era persoa e integrando o seu ser na súa vida.

Estes días hai montóns de referencias a Saramago por calquera lugar que se mire. Deixo só dúas referencias relacionadas con el que se poden seguir na web:

http://www.josesaramago.org/

http://cuaderno.josesaramago.org/

E dúas ligazóns a un blog amigos e a Youtube (da man da cita doutro amigo), nas que as verbas de Saramago vóltanse son:

http://elangeldeolavide.blogspot.com/2010/06/saramago-alza-una-rosa-y-nos-abandona.html

http://www.youtube.com/watch?v=-KTL94Rl7CI


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *