Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

0 posts
26 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A quen beneficia o fracaso dunha folga?


Antes de mirar ningún medio informativo sobre a xornada de onte, a reflexión do título.
Para min, a resposta está crara e foi un motivo de folga: a quen non lle afecta por non vivir dun salario. A quenes si lles afecta, a parte da presión que se pode conseguir, pódeselles aplicar a frase de Homero que vin estes días nun xornal: ‘Levadeira é a loita cando moitos comoarten a fatiga’.
En canto a relación éxito da folga-apoio ós sindicatos, o que se fixera onte foi máis ben a pesar dos sindicatos. Coido que non é cousa de extenderse aquí sobre o descreto sindical e a oportunidade dunha ‘folga diferida’ varios meses respecto ó momento adecuado da presión.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *