O “normal” é que internamente a unha asociación se impoña o que dice o ‘xefe’ (teña o título que teña dentro dela) da mesma. En certo xeito, por iso é o xefe. Por iso, o que pasou onte en Madrid, o ganar o membro opositor dentro do PSOE madrileño Tomás Gómez á postulada polos mandamáis do partido, Trinidad Jiménez, parece botar unha bocanada de posible renovación dentro da estrutura dese partido. Por unha vez, ganarían os de abaixo. E pode que sexa así, pero o certo é que con esta pugna entre os dous candidatos á Presidencia da Comunidade de Madrid o PSOE conseguiu facer máis visible públicamente, e mesmo máis desexable por todos, a Tomás Gómez, antes un descoñecido para a cidadanía. É dicir, conseguiu propaganda positiva gratis de paso que lograba desviar algo a atención doutros problemas. Se foi prantexado así ou non, non creo que o cheguemos a saber, e xa queda para a historia. Agora queda (para o PSOE, pero tamén para todos) o aproveitar os beneficios que poda traer.
Mentras, cabe lembrar que aquí, en Ribadeo, a elección de candidatos dos diversos partidos non sucedeu exactamente como primarias abertas cun proceso transparente. Ou si?