Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Estás afiliado á CEOE


Non o sabías? Pois si, estás afiliado á CEOE, pero sen dereitos de afiliación.
Os números en economía son mareantes para calquera do común. Por exemplo, resulta que poderás ter ou non pedido un crédito no banco, pero o estado deixoulles por ti (varía segundo as fontes) cousa duns 2 000 € para o que tivo que endebedarse e terá que pagar intereses (ós bancos, claro), unha das cousas que fai que o teu soldo se resinta (ou o ‘soldo’ dun recén nado, ou a pensión dunha anciá).
Pois agora que os sindicatos de asalariados foron postos a parir por ser cuna de mangantes rascabarrigas, resulta tamén que o sindicato da gran patronal ten un montón de xente nos seus cadros, e para manter a estrutura súa estrutura o estado aporta uns 10 € ó ano por cada español (ou española, bebé ou anciano, …). Hai que dicir que suponse que boa parte desa cantidade vai á formación de desempregados (supónse: contas opacas, control nulo). Vamos, coa mesma liña de subvencións que un sindicato calquera. E parellas lacras, postos a falar ben da patronal, pois non se sabe que os secretarios xerais dos sindicatos de asalariados deban cartos ós seus traballadores.
Mentras, o partido no goberno segue a baixar nas enquisas, e a pesares de pretender unha liña semellante e sufrir e sufrir casos de corrupción, parece que o principal partido da oposición manténse … . País …


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *