Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.229 posts
26 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Servizo Galego de Saúde


Co desprazamento do centro de gravedade de atención ós pacientes da costa dende Burela a Lugo, mellor, ó novo macrohospital no extraradio lugués (ver diversos artigos tanto neste blog como no de O Tesón), a falta de información, os diversos intereses, a mistura deste tema coa reforma da actuación xeral do SGS, etc, interrompen a comunicación entre a institución e os pacientes, para a informacińn mutua (máis ben para a información dos pacientes en relación á entidade). A última entrada de im-pulso trata precisamente este tema, se ben a nivel de comunicación entre o servizo de atención a un paciente particular e ese mesmo paciente. Mágoa que a nivel xeral, non haxa un teléfono para chamar equivalente ó que aparece no artigo “En ocasiones, el paciente y el médico se comunican mejor por teléfono“.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *