Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Vai de rifirafes


Cara a unhas eleccións, non só conta o presumir do que se fixo ben e tentar escapar do que se fixo mal ou non se fixo, senón outras cousas, como tentar que se vexa o que se fixo mal como ben feito, que a xente asuma as posturas que se defenden, e, deporte nacional, atacar ó contrario ou mellor, as súas obras, atraendo ó tempo os titulares, a atención, para ter público para o que se queira.
Destas cousas estánse a ver mostras continuamente na prensa, e aí está de novo o alcalde de Castropol deixando caer algunha flor cara a Ribadeo para crear sentemento de unión entorno á súa figura no seu concello. Que outra razón pode haber senón poara os contínuos ataques?
A prensa de hoxe tamén se fai eco da polémica do PSOE ribadense, cunhas acusacións que coido graves pero que no clima xeral actual, posiblemente quedarán en palabras gordas e algo de peor imaxe. Con iso, quedan outras polémicas interpartidos sen espazo hoxe na prensa, cambiando algo o mapa de novas do día…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *