Preparando a primeira xuntanza da comisión en pro da residencia de maiores, atópome cos útimos datos do ine (http://www.ine.es), e sen contar os 1 100 ribadenses residentes no extranxeiro, fabrico unha táboa e unha gráfica, que poño a continuación…
A táboa correspondente:
Ambos sexos Varóns Mulleres
Total… 9,988…4,752…5,236
0-4…… 422…222…200
5-9…… 394…196…198
10-14…. 347…174…173
15-19…. 343…168…175
20-24…. 446…242…204
25-29…. 640…311…329
30-34…. 786…384…402
35-39…. 816…406…410
40-44…. 761…371…390
45-49…. 775…394…381
50-54…. 718…370…348
55-59…. 588…288…300
60-64…. 552…273…279
65-69…. 549…232…317
70-74…. 496…209…287
75-79…. 540…224…316
80-84… 432…171…261
85 e +… 383…117…266
Na gráfica xa se observa que non é unha pirámide, típica dunha poboación nova, senón engrosada na zona media de idade, e con máis vellos que xente nova, o que explica a cifra de 8219 electores de cara ás próximas eleccións, moi avultada en relación ó total. Entre as persoas maiores, destaca a lonxevidade feminina, que se anota diferencias cuantitativas importantes a partires dos datos de 65-70 anos, mentras que en idades anteriores a cousa está máis ou menos equilibrada. Voltando ó tema da residencia, atopámonos con que no último censo, con datos que corresponden a finais do ano pasado, hai 815 persoas con 80 ou máis anos, correspondendo ó 8,2% da poboación, que serían grosso modo os e as candidatas á residencia. Pero, aínda supoñendo a desaparición total dese colectivo en 10 anos, o grupo de idade seguinte correspondente a un intervalo de dez anos (que polo tanto, terán máis de 80 no 2021), está formado por 1036 persoas, o 10,4% do censo actual e unha cantidade que representa un aumento do 27% sobre os ’80 e +’ actuais. De igual xeito, correndo outros 10 anos máis, atopámonos cun colectivo de 1101 persoas, un 35% máis que na actualidade.
Na realidade, Ribadeo necesita non unha, senón varias residencias… pero vaiamos paso a paso: primeiro, unha.
Un artigo sobre o tema: Stop al destierro de nuestros ancianos.