Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De nomes, historia e futuro


   Coido que a asignación do nome a algo é importante: é referenza, a cara que se lle pon para facer visible o que sexa. Determina en parte -ás veces, máis, outras, menos- o trato que se lle dá, a percepción do que é, a nosa relación co ‘elo’. Cando se nomea a un recén nado, o nome escóllese con coidado: vai levalo toda a súa vida, e representa un significado para os pais, que o vai acompañar todo ese período.
    Sabido é que a ría de Ribadeo ten ese nome, outorgado de antigo e respaldado pola entidade xurídica encargaa hai tempo.
   A conta dunha visita á Veiga, rescato un cambio de nome próximo no que Ribadeo perdeu a referenza correspondente: o caso da Veiga, antes Vega de Ribadeo a na actualidade Vegadeo. Hoxe mesmo se pode ver na vega unha exposición sobre a historia da educación no viciño concello, e entre outras moitas referenzas:

‘Al ayuntamiento de Vega de Ribadeo, Vega de Ribadeo, 1915’
En documento do concello de ‘Vega de Ribadeo’, en setembro de 1915
En 1919 xa se usaba ‘Vegadeo’
Pero en 1924 aínda había selos en uso, en organismos oficiais, indicando ‘Vega de Ribadeo’, e na actualidade, o quiosco da música veigueño segue tendo un cartel con ‘Vega de Ribadeo’.

    Non soa raro que en Ribadeo, e en todo o contorno, aínda sigamos falando da ‘Veiga’…
    … algo parello ó que está a pasar coa ría de Ribadeo: Hai un nome, é histórico, está certificado pola comisión de nomes xeográficos, pero determinados poderes, na procura de rentabilidade (por exemplo política vía enfrontamento), que  instigan o seu cambio. Que pode supor ese cambio para a ría? Para Ribadeo supón unha menor visibilidade do seu nome, pero para a ría supón unha falta de querencia da principal poboación do seu entorno, sen un aumento correspondente do resto, e previsiblemente, se agora hai problemas de xestión, de acordo, sobre a xestión, no futuro non tenderán a diminuír cun cambio así, precisamente por ese desapego.
    A historia está, o nome está, o futuro … o futuro? É algo máis que un capricho.

Algunha cousa complementaria:

Ditame da Comisión de Nomes Xeográficos (2008)

Programa de traballo da ‘Comisión Geográfica Nacional’ do ‘Consejo Superior Geográfico’, incluíndo o estudo do nome da ría.

Ría de Ribadeo, nas indicacións e exemplos para a cartografía MTN 25.
Máis sobre a ría de Ribadeo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *