Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Información é poder. E o control da súa distribución, tamén.


A 40 días das novas eleccións, pregúntome polos cartos invertidos polos partidos nas propias eleccións. é dicir, en prodigar a ‘súa’ información, a propaganda e en xeral a comunicación institucional, que démoslle o mesmo nome ou non, serve ó mesmo fin. Aquí remátase tendo unha vaga idea tempo despois das eleccións, mentras que noutros lugares como nos EUA o anuncio da propia recadación de cartos ven sendo como un preludio dos resultados. No sistema actual o ter unha transparencia financieira do proceso electoral podería axudar a que a democracia fora algo máis real…

Mentras, alguén sabe das contas dalgún partido de cara a este proceso? Os presupostos xa deberan estar feitos …


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *