Inxerencia! Inxerencia? A ONU pide a España máis seriedade despois do de Garzón. Non é que crea que na ONU non hai intereses e xerarquía de mando, pero non deixa de ser outro indicio máis (se fixera falta) de que algo non funciona por estes lares xudiciais (e políticos, e económicos, …)
Materia para reflexionar a fin de semana? Por se fora pouco, deixo unha imaxe:
Trátase do taboeiro de anuncios do Eroski de Ribadeo. De cando en vez, facendo algo de tempo, bótolle unha ollada as compras e vendas, ofertas e demandas de traballo. Coido que é a primeira vez (e o taboeiro está funcionando dende a apertura do establecemento) que non atopo ningunha procura de compra nin demanda de traballo. Dende hai tempo hai un predominio cada vez maior de ofertas e vendas, pero ata hoxe non notara que desapareceran as demandas e compras. Coido que é algo abondo expresivo por si mesmo, camiño de aumentar ós 5M de parados os pseudoempregados.