Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.492 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Debe haber un cambio radical para darlle todo o poder á xente


Os cidadáns non saben toda a información á que teñen acceso. Ata agora, as dúas frases son copiadas dun artigo no El País, ‘La revolución de cristal de Obama‘, e … refírense ós EEUU.

Aquí habería diferenzas substanciais. O título podería conservarse, pois é a expresión dunha vontade, e non un deber establecido por mandato formal. Pero precisamente por iso, só ‘podería’. A primeir frase, sería máis lóxico cambiala por algo como ‘os cidadáns saben que se lles impide o acceso á información á que teñen ou deberan ter dereito’. E falo por experiencia.

Aconsello lembrar dúas cousas [1.A información é poder. 2.A opacidade corrompe] e comezar a ler na páxina 6 do seguinte documento (só son tres páxinas curtas con letra grande): El Derecho de acceso a la información.

Logo, podemos falar de Ribadeo ou do sexo dos anxos.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *