Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A festa contínua continúa


Primeiro fin de semana de agosto. Xira, Festa do percebe en Rinlo, do Emigrante de Barreiros, do Bonito en Burela, Resurection fest en Viveiro … E só é unha continuación das da semana pasada e antelación das da seguinte, en sucesión día-noite-día ou noite-día-noite, de sorrisos, ou viño, ou música (mesmo da ratoeira que soaba nalgures en pleno centro de Ribadeo esta mañá) elíxase o que se prefira … tanto que mesmo Rajoy deixa de apretar o cinto ós demáis (mesmo cun axuste de máis, sen explicar) e se pasa por Sanxenxo.
Si, pero … mesmo hoxe se protesta en Burela pola supresión de servizos de Feve, a Consellería de Educación promete pagar nos próximos días os servizos de comedor que xa tiña que ter pagado hai tempo, ou a conto do ruído da movida, en Foz enfróntase o alcalde e un sindicato policial … Tamén continúan outras festas.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *