Que tería pasado?
Ben, queda primeiro o reparto de escanos, en función da poboación. Como o estatuto establece que cada provincia ten un mínimo de 10, e o resto repartese por poboación, a distribución, unha vez axustada ó novo censo e feito o redondeo, coido que quedaría (a falta dun axuste máis finosegundo os criterios de poboación considerados en relación ó ano anterior ou ó mesmo, etc):
A Coruña 18
Lugo 13
Ourense 13
Pontevedra 17
Evidentemente, o criterio favorece ás provincias con menos poboación e máis rurais, con votos en principio máis tendentes a ser recollidos polo PP.
Con eses números e os votos de 2009, poderiamos obter as seguintes gráficas, adaptación de dúas das correspondentes na entrada anterior:
Na da esquerda estaría a distribución de escanos correspondentes a cada partido polo acutal sistema, pero con circunscrición única. Notamos que o PP segue a manter a maioría absoluta, pero UPyD desaparecería dese hipotético Parlamento. A relación de forzas é relativamente proporcional ós votos de cada partido, se ben saería beneficiado o PP, dándolle a absoluta.
Na gráfica da dereita sería a representación gráfica de ter considerado catro circunscricións, pero a abstención (repito, só a abstención, non brancos ou nulos) como partido. Neste caso, por cousa das estatísticas, aínda que hai provincia a provincia diferencias, en conxunto non se nota moito a diferenza con ter 75 escanos, pero sae lixeiramente máis perxudicado o ‘partido abstencionista’ que os partidos tradicionais. Cousas …