Facebook! E, o mesmo que ‘Ribadeo’ se convirte en ‘preto de Castropol, Asturias’, temos Arteijo, Rianjo, …
Diante do día das letras galegas, chama a atención da Xunta como culpable de que siga a aparecer a ortografía errónea. Os que andivemos no allo sabemos o que costou que aparecera ría de Ribadeo ou Ove no Google maps, e sabemos tamén que estes cousas tenden a cristalizar e ser cada vez máis difíciles de cambiar. De aí a pensar que a culpa a ten Feijoo, como parece que fai a Mesa pola Normalización lingüística, hai un treito. Bastante posible que non se ocuparan do tema, e que haxa que poñelos a andar, pero a todos nos iría mellor se usaramos alternativas libres e con base máis achegada físicamente a nós que eses programas con sés centrais inalcanzables e dependentes dunha empresa á que lle imos cedendo dato tras dato de xeito acelerado.
Mentras, lembra un a polémica do selo do outro día, nomeada como agresión a Asturias, mentras miles de veces ó día aparece en Ribadeo o de ‘preto de Castropol, Asturias’…