Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Que son 10 €?


Si, que son 10 € para conseguir unha boa causa? Algo así debe pensar o Presidente Feijoo, cando leva invertido 10 € por cada galego en propaganda dende que accedeu ó cargo. Como a cita está en castelán, collo as definicións en galego da RAG e en castelán do DRAE:

1.


Actividade organizada para difundir as calidades, propiedades ou o valor de alguén, dunhas ideas ou dun produto comercial.


Faille moita propaganda ao seu partido.


sin.


publicidade.


2.


Material ou medio (anuncios, carteis etc.) utilizado para ese fin.


No descanso da película, botaron propaganda. Durante as eleccións, repartiron propaganda polas casas.


sin.


publicidade


.


cf.


reclamo


.


3.


Asociación que ten por finalidade a propagación de ideas ou doutrinas.


Ocupou o cargo de xefe da propaganda durante os primeiros anos da ditadura.

(Del lat. propaganda, que ha de ser propagada).

1. f. Acción o efecto de dar a conocer algo con el fin de atraer adeptos o compradores.

2. f. Textos, trabajos y medios empleados para este fin.

3. f. Congregación de cardenales nominada De propaganda fide, para difundir la religión católica.

4. f. Asociación cuyo fin es propagar doctrinas, opiniones, etc.

Vistas? A verdade, paréceme máis exemplificadora a definición do DRAE: atraer adeptos ou compradores, propagar doutrinas e opinións … neste caso, a conta do erario común. Si, xa sei que iso pasa sempre: quen está no poder úsao no seu proveito. Debera pasar? Coido que non. Así polo groso, neste caso xa se poderían ter feito unhas dez residencias en Ribadeo. E non había que preocuparse: a xente íase enterar, mesmo sen propagación de doutrina nin difusión de calidade ou ter como fin atraer adeptos.

Collo un recorte que leva riba da miña mesa máis dunha semana, e deixo aquí un texto de Xaquín Marín no ‘Lecer de Isolino’: “Coido que se imputasen aos votantes nos delitos dos políticos, pensarían mellor a quen lle dan o voto‘. Retruco ademáis, que pensarían que non é ‘dar o voto’, senón ‘delegar temporalmente o poder de elector’, cousa abondo diferente, e que a imputación dos votantes podería ser un remedo ó estar por riba da lei dos políticos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *