Os irmandiños poden referirse a un movemento social antigo, unha fraternidade política ‘nova’ ou … unha sociedade cooperativa ribadense (web da tenda por estar ‘en obras’ a portada).
Ista SCG (Soc. Coop. Galega) está ubicada en A Devesa, aínda que ten un centro de alimentación de vacuno (cavi, centro de alimentación de vacuno irmandiños) en Vilamartín (Barreiros). aínda que a descrición no sitio de entrada actual é pequena, naceu dunha agrupación gandeira e hoxe está diversificada cara a alimentación, subministros ós gandeiros e subministro xeral. Participou xa nalgún concurso eólico (non lle seguín a pista) a reamta de aparecer nos xornoais que este ano facturarán máis de 35 M€. 85 postos de traballo directos certifican a poxuanza da entidade, unha cooperativa dun certo estilo que marca as posibilidades da acción común cando a xente nos asociamos e remamos xuntos nunha dirección.
En Ribadeo xa deixei escrito noutro lugar que está nacendo outro movemento cooperativo de base, ben diferente pero que estimo de futuro tamén prometedor ó seu estilo, o ‘Formigueiro Ribadeo. Cooperación e solidaridade‘. Unha organización que está a invitar a quenqueira a pasar a tarde do venres xuntos na súa sé, traballando algo e desfrutando despois, con incorporación a gusto do/da participante. Evidentemente, algo diferente ós Irmandiños. Copio o que hoxe mesmo ten aparecido no seu muro de facebook:
En fin, un mundo novo que está a nacer pouco a pouco diante dos nosos fuciños e no que ás veces, mesmo participamos, quizáis como adianto ó que no futuro pode ser algo máis normal que o que é agora.