Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Era Kelli, sen terra


Onte houbo unha xuntanza no lavadoiro da rúa dos Fornos. O local previsto polo concello de Ribadeo para asociacións foi sitio dunha xuntanza ronda onde xente relacionada con alternativas sociais e económicas se atopou con Kelli, da que só sabíamos que era traída por Amarante para entendemento por parte dos asistentes do movemento MST e (menos, por ser máis xenérico e variopinto) para a aproximación de Kelli á realidade socieconómica da nosa terra, na parte que poidera ter máis interese para ela.

A cousa presentouse e pasouse logo á propia presentación dos asistentes. Ben, mellor, das asistentes, entre outras cousas, porque eran maioría (3/5 dos que asistimos) Cada quen, nesa presentación, dixo máis ou menos cales eran os seus intereses, a razón de por que estaba interesado na xuntanza. E así, despois, sen ter unha liña prefixada, Kelli puido expor liñas xerais sobre as que a xente congregada estabamos interesados. Foi despois ela quen puido atender a diferentes visións de problemas ‘de aquí’ relacionados cos problemas que trata de xeito preferente o MST.

Unha charla diferente nun suave portugués brasileiro para abrir os ollos fronte a unha realidade que é do mesmo mundo que habitamos.

Houbo quen tomou unha ampla nota do tratado, pero non fun eu. Se me fago cos apuntes …


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *