Que non sexa porque non se lle adique o seu nome!
Algo así deberon pensar dende que a humanidade ten lembranza quenes lle puxeron nomes ás cousas. Quenes lle puxeron nome de persoa pero tamén quenes lle puxeron nome de lugar, do que tiña antes o lugar.
Faláronme xa varias veces dun movemento internacional que deu lugar a orientacións para tentar aproveitar os nomes de lugares e que non se perdese a toponimia por facer unha honra a persoas, que sempre poderían ser cambiadas segundo os gustos ou ideas do momento. Isas directrices en Ribadeo parece que queren ignorarse ante a lenda que aparece nunha conmemoración no Salón de Plenos: honra merece quen ó pobo honra. E velaí que entre hoxe e mañá van dárselle nome oficial a oito novas rúas e prazas, a maioría de persoas, como di o comunicado, “nomes de persoeiros ilustres de aquí de
Ribadeo ou que tiveran un compromiso importante con Ribadeo e coas súas
xentes, un compromiso con Galicia ou un fondo espírito humanista”. Voltarán a poñerse sen referenzas que faga delas algo máis ca un nome vacío que sexa necesario encher cun libriño coma iste? Cánto tardará en facerse?
Embaixo queda a copia da ligazón http://ribadeo.org/actualidade/nova.php?id=1427&lg=gal á nova na web do concello:
HABERÁ ACTOS DE DESCUBRIMENTO DE PRACAS
Novas rúas
26/12/2013
Oito rúas e espazos públicos recibirán mañá e o
sábado nomes de topónimos ou de persoeiros ilustres vinculados con este
concello. O rexedor convida aos veciños e veciñas desas zonas a asistir
aos actos de inauguración e tamén a todas as persoas que queiran
asistir.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello de Ribadeo
non queremos acabar o ano sen inaugurar estas rúas que estaban pendentes
de descubrirlles a praca correspondente despois de que hai varios meses
xa a Corporación Municipal acordara de maneira unánime darlle unha
denominación a estas rúas, avenidas ou espazos públicos, tomando nomes
de topónimos, nomes de lugar, nomes de persoeiros ilustres de aquí de
Ribadeo ou que tiveran un compromiso importante con Ribadeo e coas súas
xentes, un compromiso con Galicia ou un fondo espírito humanista”.
Mañá,
27 de decembro, ás 18 horas será a inauguración da praza da Música. A
Corporación quixo darlle tratamento oficial ao nome popular deste espazo
desde hai uns anos. Ás 18:30 horas será o acto na rúa do Pipelo. Neste
caso a Corporación quixo recuperar o topónimo do regato que levaba ese
nome e que ía desde Ove ata o casco vello pasando polo lavadoiro dos
Fornos. E ás 19 horas terá lugar a inauguración da rúa Antonio Rodríguez
Darriba. A Corporación quixo recoñecer a labor e o altruísmo deste
médico ribadense cos máis necesitados.
Xa o sábado, 28 de
decembro, ás 12 do mediodía será o acto de inauguración da rúa Juan
Suárez Acevedo. A Corporación quixo recoñecer a importancia deste
destacado ribadense, profesor e intelectual humanista. Ás 12:30 horas
desenvolverase o acto na rúa da Lodeira. Neste caso a Corporación quixo
manter o topónimo deste entorno dándolle o nome á rúa principal. Ás
12:50 será inaugurada a rúa Irmáns Suárez Couto, aos que a Corporación
quixo recoñecer o traballo e entrega ao mundo da cultura, da técnica e
da innovación destes ribadenses egrexios. Para as 13:10 está prevista a
inauguración da ría Irmáns Pérez Prieto. A Corporación quixo recoñecer o
traballo, o fondo espírito altruísta e o sobranceiro galeguismo destes
dous ribadenses egrexios. E os actos rematarán ás 13:30 horas na rúa da
Illa Pancha. A Corporación quixo oficializar o nome nunha rúa dun
marabilloso e singular espazo da costa ribadense.

2 respostas a “Adicacións”
@Ribadeando caralho, já tem anos a nova eh!
Resposta remota
Original Comment URL
O teu perfil
Why do I need to enter my profile?
This site is part of the ⁂ open social web, a network of interconnected social platforms (like Mastodon, Pixelfed, Friendica, and others). Unlike centralized social media, your account lives on a platform of your choice, and you can interact with people across different platforms.
By entering your profile, we can send you to your account where you can complete this action.
Pois si. De novo, a recarga dun artigo vello para pasalo a outro repositorio…