Hoxe mércores e mañá xoves, en horario de 9:20 a 13:10, terá lugar a XX
Feira da Ciencia de Ribadeo, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Nela
participarán 26 traballos realizados por unha centea de alumnos e
alumnas do centro, que serán expostos e explicados polos mesmos alumnos
que os realizaron.
A feira representa o remate dos traballos sobre diversos aspectos
científicos, aínda que con posterioridade de moitos deles farase unha
memoria detallada sobre a súa realización.
A maioría de presentacións
son expostas por primeira vez, aínda que algunha xa foi exposta noutros
foros con anterioridade. Asemade, algunha foi realizada a partir da
colaboración con outros centros educativos.
Unha
volta rematada a feira, terán a oportunidade dun recorrido por outros
foros fóra de Ribadeo, como o día da ciencia na rúa de A Coruña ou a
Galiciencia de Ourense. As citadas son visitas xa tradicionais para os
alumnos ribadenses, que levan achegándose á Coruña no mes de maio case
dous decenios, e máis dun quinquenio a Ourense en novembro, presentando
sempre traballos que foron expostos na feira de Ribadeo.
O cartel está confeccionado a partir da placa que indica a posición de Ribadeo, situada á entrada da Casa do Concello con datos do IGN, á que se lle engadiu a modo de lema desta edición ‘revelando as cousas’.
O folleto informativo:
Revelando |
Traballos
presentados
1ESOA1.
Videoxogos en Ribadeo
1ESOA2.
Dixestión dos hidratos de carbono
1ESOA3.
Volcán
1ESOA4.
Papel reciclado
1ESOA5.
Holograma sinxelo e ilusións ópticas
1ESOA6.
Burbullas eléctricas
1ESOB1.
Propiedades da auga
1ESOB2.
Clasificación de invertebrados
1ESOB3.
Solubilidade de gases
1ESOB4.
Conservación da carne
1ESOC1.
Sismógrafo
1ESOC2.
Compás caseiro
1ESOC3.
Caixa escura
1ESOC4.
Refracción da luz
1ESOC_a.
Estudo da produción de electricidade a partir de vexetais
2ºESOB.
Viaxe ocular
1bacA1.
Variación do bote dun balón en función da cantidade de aire
1bacA2.
Experiencias: Reloxo de I e quimioluminiscencia
1bacA3.
Extracción de ADN de distintos vexetais
1bacA4.
A maxia luminosa
1bacA5.
Compoñentes do leite
1bacA6.
As cores do lume
1bacA7.
Magnetismo da candea
1bacA8.
Experiencias con augaforte e papel de Al
1bacA9.
Medición do radio terrestre
1bacB.
A caixa negra dos peixes
(os
subraiados estará no laboratorio)
—
En comentarios, cousas posteriores…