Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha terraza do pobo de Ribadeo? (II)


Onte publiquei a primeira parte, con foto. Hoxe é a segunda parte: o foxo que estaba tan ben dispostiño onte xa foi enchido primeiro cunhas vigas metálicas, e logo, recheo de formigón. Xa non poño foto: está a nivel coa herba e é de supoñer que non pase outra semana sen que esteña rematado.

E pregúntome sobre a normativa, o control, … mesmo sobre a igualdade, e sobre a conservación do público, claro. Quedan durante un tempo a imaxe do Google Street View ou as cenitais do Sigpac ou do Google Maps para comparar coa terraza que había antes, e lembrareime sempre que pase por alí: algo menos de xardín, algo menos do público.

Actualización: unha foto de hoxe mesmo (publicada despois do anterior)

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *