Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pepe Mújica: unha pequena visión, un presidente diferente


Hoxe, só un pequeno comentario e unha ligazón.

Onte houbo, na sexta, un programa que non vin máis que ó final, despois de voltar dun concerto da banda que teño que colgar e pasarme por un mítin la esquerda plural. Iso me fixo procurar a ligazón, http://www.lasexta.com/programas/salvados/mejores-momentos/mujica-%E2%80%9Cel-primer-requisito-politica-honradez-intelectual%E2%80%9D_2014051800172.html, que coido moi interesante porquealomenos o que vin do programa así o foi. Tanto que foi dos que mesmo ó final van e cálcanlle un deses macrocortes publicitarios. Quen o vira ou o vexa xulgará, dende a posta en escea nunha casa humilde que non corresponde á idea xeral dun primeiro mandatario dun país ata as pequenas cousas da entrevista. Non é perfecto, xa o sabe, pero si un referente que ogallá seguiran os políticos do mundo enteiro, este país noso incluído.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *