Venres adiantei con fotos que o terreo no que se asentará a residencia estaba a cambiar. Hoxe xa está en tódolos xornais que hai día para unha cerimonia de comezo de obra: martes 24 de xuño ás oito da tarde. Corto e pego o aviso do concello no seu blog:
O vindeiro martes, 24 de xuño, ás oito da tarde
terá lugar o acto de inicio das obras de construción da residencia de
maiores de Ribadeo. A veciñanza está convidada a asistir.
O alcalde, Fernando Suárez, convida á veciñanza a asistir a este día
tan importante para Ribadeo. Ao acto, previsto para as 20 horas,
asistirán o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; a
concelleira de Saúde e Benestar, Mª Teresa González Piñeiroa; o rexedor,
Fernando Suárez; así coma o resto da Corporación Municipal de Ribadeo.
Tamén acudirán a esta cita os representantes da plataforma veciñal pro
residencia de maiores.
Suárez Barcia subliña que “é un día grande
para Ribadeo e para as súas xentes, porque despois de moitos meses de
loita e de traballo, o martes veremos como da comezo a construción da
nosa residencia de maiores, unha instalación da que estamos moi
necesitados”. E engade que “quero convidar a que asistan a este acto a
todos os veciños e veciñas de Ribadeo, a todos eses que nos apoiaron
cando nos mobilizamos e a todos eses que levan anos agardando por ver
feito realidade este soño colectivo”.