Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.494 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Hoxe, bo día


Primeiro día do ano, mañá clara, algo fría, pero espléndida. Por hoxe, só un resume de temperaturas da temperie ribadense do xa pasado ano 2014:

Como xa tiña anunciado, en Ribadeo o 2014 foi o máis cálido do século e o máis cálido do que se teñen medidas, a pesares de que o penúltimo día do ano, o 30 de decembro, foi o máis frío do período, acadándose na Pedro Murias -0,1 ºC.

O primeiro, a táboa co resume da maioría da información: agosto destaca como o mes tradicionalmente máis quente, e o ano 2014, con 14,70 ºC de media, bateu a marca do 2006.

A anterior é unha gráfica que representa a temperatura media de cada un dos anos representados, ata o día que corresponda. Vemos que o 2014 encaramouse á máxima das medias aló por setembro, incrementando a diferenza de temperaturas con outros anos ata mediados de novembro, e mantendo a distancia dende aquela. Case 0,2 ºC de diferenza de temperatura con outro ano é moito.

Esta gráfica representa as temperaturas medias anuais, destacando o 2014.

Se xa teño unha entrada na que destaquei que 2014 era un ano que tiña o máximo de días con máximas >25 ºC, o cambio climático en curso queda tamén apuntalado pola beira das mínimas: foi o ano con menor número de días con mínimas menores de 3ºC, baixando de media algo máis de 1 día ó ano con esa condición: entre os 26 días con menos de 3 ºC do 2005 e os tres do ano pasado hai unha diferenza considerable.

É curioso ver como varía a temperatura mes a mes, por termo medio. A gráfica anterior e a seguinte son equivalentes, dous xeitos de ver esa variación.

Por último por hoxe, dúas gráficas onde se ve a variación da temperatura media anual. O aumento é lento, parece non verse moi claro, pero se se botan as contas (gráfica final), a tendencia comeza a verse, subindo dúas centésimas de grao ó ano… o que non é en absoluto representativo a non ser que se integre na temperie global.

Hoxe, bo día, bo comezo do ano.

Esta entrada está tamén en http://fqribadeo.blogspot.com.es/2015/01/hoxe-bo-dia.html

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *