Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mirando cara Andalucía, despois das eleccións


Recollo datos da web oficial das eleccións andaluzas e, a 800 km de distancia por estrada da Andalucía máis próxima, penso.

O primeiro, de novo, a inxustiza electoral. Se collemos as porcentaxes de votos obtidos por cada partido (de entre os que recolleron partidos, claro!, e facendo as conta un pouco antes de ter o 100% escrutado, cando xa non se esperan variaciónsreseñables) e número de escanos, atopámonos algo como:

Partido…..% voto..esc..(%voto/esc)

PSOE-A…..35,5%…47…(0,76)

PP…………26,7%…33…(0,81)

PODEMOS.14,9%…15…(0,99)

C’s………….9,3%….9…(1,03)

IULV-CA……6,9%….5…(1,38)

Unha breve ollada nos indica que o escano do PSOE costou unha porcentaxe de voto duns 0,76%, mentres a Podemos ou C’s constoulles 1/3 máis, e a IU, 4/5 máis. Dos partidos que quedan fóra, xa non falo.

O segundo, a distribución xeral de votos:

2015 2012
Total votantes 4 001 401 63,92% 60,78%
Abstención 2 258 327 36,08% 39,22%
Votos nulos 40 780 1,02% 0,58%
Votos en branco 54 611 1,38% 0,91%

Aumentou a participación, mais aínda así, unha terceira parte moi longa non votou, o que convirte unha vez máis a este grupo no partido principal, de longo. Un partido que sinxelamente, e con dito con toda a prevención posible, deixa que o controlen, e que podería pasar a unha ditadura sen inmutarse. Ou a… o que sexa.

E, aínda que sexa menos relevante, non deixa de ser chamativo que aumente n de xeito forte tanto os votos nulos (que case se duplican) como os en branco (que aumentan case a metade máis)

O terceiro, a distribución entre partidos: O PSOE perde case un 10% de votos ou de porcentaxe, o PP 1/3, e IU 2/5, Indo a parar de xeito principal a partidos que non se presentaron ás pasadas andaluzas: Podemos, que colle de IU e do PSOE por partes iguais, e algún máis (por exemplo, do PP), e Cidadáns, que non chega a coller os do PP. De calquera xeito, os dous partidos do statu quo, aínda que baixan, non se despeñan, e os dous recén cehgados, aínda que suben, non se encaraman.

E máis. Non fai falta ser analista electoral para dicir o que remato de dicir, nin tampouco para aventurar que UPyD está pasando á irrelevancia absoluta, o mesmo que o Partido Andalucista, mentres Vox maniféstase como algo non nato polo momento.

Máis? Si, moito máis, pero repito que isto non é Andalucía, que queda lonxe, e aínda que pode ser unha información curiosa, habería que tirar de folla de cálculo con máis detalles e dun fondo político que non teño, a máis de tempo, tanto para a análise como para ler o que se puxera…

Deixo os datos aínda non definitivos por se queredes botar unha ollada sen pasar pola páxina oficial:

Andalucía

Datos de las 23:09 del 22 de marzo de 2015

Escrutado 99,86%





2015 2012
Total votantes 4.014.378 63,94% 60,78%
Abstención 2.264.391 36,06% 39,22%
Votos nulos 40.899 1,02% 0,58%
Votos en blanco 54.752 1,38% 0,91%

Diputados a elegir: 109































































2015 2012

Candidaturas Votos Diputados Diputados Votos Candidaturas
PSOE-A 1.407.686 35,43% 47 47 1.527.923 39,56% PSOE-A
PP 1.063.286 26,76% 33 50 1.570.833 40,67% PP
PODEMOS 589.494 14,84% 15
C’s 368.711 9,28% 9
IULV-CA 273.717 6,89% 5 12 438.372 11,35% IULV-CA
UPyD 76.581 1,93% 129.407 3,35% UPyD
PA 60.677 1,53% 96.770 2,51% PA
PACMA 31.703 0,80% 8.781 0,23% PACMA
VOX 18.002 0,45%
CILUS 11.178 0,28%
FE de las JONS 4.807 0,12% 2.407 0,06% FE de las JONS
RECORTES CERO 3.557 0,09%
PCPE 3.485 0,09% 4.119 0,11% PCPE
PUM+J 1.964 0,05% 1.704 0,04% PUM+J
EB 1.149 0,03% 5.660 0,15% Eb
PBG 491 0,01%
PTJ 386 0,01%
SyR 350 0,01% 787 0,02% SyR
LYG 317 0,01%
PNdeA 293 0,01% 156 0% P.N.de A.
NEODEMÓCRATAS 290 0,01%
PRAO 254 0,01% 1.071 0,03% PRAO
RISA 186 0,01% 135 0% RISA
CÁMBIALO 163 0,01%
20.383 0,53% EQUO
4.966 0,13% HARTOS.org
2.680 0,07% ECNP
1.634 0,04% F.C.
1.406 0,04% CDL
1.040 0,03% SAIn
1.026 0,03% UCE
896 0,02% PH
832 0,02% PHAN
762 0,02% CAnda
653 0,02% AES
643 0,02% CCD
628 0,02% MSR
515 0,01% MD
408 0,01% PFyV
362 0,01% AMD
345 0,01% PDSA
216 0,01% AUPAL
146 0% C.Re.A.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *