Os temas acumúlanse en Ribadeo. E máis no verán.
Hoxe, mañá e pasado. A máis da IX edición da concentración motera, claro. Comezou, mais non se inaugurou. Deixo indicacións varias collidas de páxinas relacionadas. Quizáis se poidera falar moito máis do tema, mai non é este o momento.
Actividades:
PROGRAMACIÓN
FEIRA DO LIBRO DE RIBADEO 2016
Venres 1
-
12:00h.
Apertura da Feira -
12:30h.
Inauguración da exposición Galicia
imaxinada nas revistas da emigración
na OMIC
-
17:30 a
19:30h. Pingando
poemas. Obradoiro
de acción artística* -
18:00h.
Presentación de Lendo
lendas, digo versos
e Galicia
encantada
con Antonio
Reigosa -
18:45h.
Conversa
con Pedro
Feijóo
arredor de Perigosa,
morena e románica -
19:30h.
Faladoiro con Ledicia
Costas: Escarlatina,
a cociñeira defunta
e Esmeraldina,
a pequena defunta -
19:30h.
Sesión de sinatura de oso,
mamá si?
con María Lado -
20:00h.
Inagururación da Feira do Libro-
Intervencións:
Farruco
Graña,
Concelleiro de Cultura -
Pregón
inaugural a cargo de Antonio
Reigosa
-
-
20:30h.
Presentación de Eliseo
Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e Río da
Prata)
con Pablo
Vivín
e Ramón
Villares (CCG) -
21:15h.
Sempre
en Ibiza.
Aldaolado -
22:00h.
Sorteo
Sábado
2
-
12:00 a
14:00h. Pingando
poemas. Obradoiro
de acción artística*
-
13:00h.
Vermú literario con Francisco
Castro arredor
da súa novela Amor
é unha palabra coma outra calquera
-
18:00h.
Eduardo
Baamonde e
os Cadernos
de viaxe.
Pequena demostración artística -
19:00h.
Unha mirada á nosa historia a través dos arquivos do arcebispado
de Mondoñedo con Cidre
Fernández -
19:30h.
Sinatura de Tempos
de norte
con Mónica Justo e Roberto Martínez -
20:00h.
Presentación Ribadeo
F.C. Una mirada al s. XX,
de Víctor Manuel Pérez Quintana, Caridá.
Asociación
Deportiva de Veteranos do Ribadeo -
21:00h.
Exhibición
no Quiosco da música. Danza
na rúa -
21:45h.
Sorteo -
22:30h.
Teatro
nos bares
con
Ollomao
(Amodiño) -
23:00h.
Teatro
nos bares con Ollomao
(Cantón)
Domingo
3
-
Ciclobiblioteca
con Anxo Moure** -
12:00h.
Visita
ao Mercado dos domingos con Merchi
Rodal -
12:30h.
Presentación
de Novas
lambetadas dunha larpeira feliz
de Merchi
Rodal -
13:15h.
Conversa
interxeracional con María
Canosa. Dos
Druídas
ao disParo
-
18:30h.
Presentación
de Peixes
e mariscos. As receitas de Benigno
Campos -
19:15h.
Vicente Araguas
presenta Manuel
María: un home de mil pezas -
20:15h.
Presentación
de As
Catedrais: portas do misterio
de Xosé
Otero Canto.
Concellaría de Cultura de Ribadeo -
21:00h.
Clausura.
Actuación de Moitas
máis que dúas piano ensamble -
21:45h.
Sorteo* Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
Prazas limitadas. Inscrición desde media hora antes.
Se chove, os obradoiros faranse na sala de exposicións do parque.
Para este obradoiro, os pequenos e pequenas deberán levar indumentaria que poda ser manchada
** A ciclobiblioteca estará rodando durante o horario de apertura da Feira polas rúas ribadenses con visitas ao parque do contador Anxo Moure.
A carón das casetas haberá un photocall en que poderemos tirar fotos con lemas de animación á lectura.
Biblioteca: servizo de consulta infantil
Por cada compra superior a 10€, darase un boleto para o sorteo dun lote de libros e dunha cesta de verduras e froitas do mercado de Ribadeo
Os boletos estarán vinculados ao sorteo do día que se fixo a compra e que terá lugar nas inmediacións da Feira.
Como é tradición, as compras na Feira do Libro terán un 10% de desconto.
O tríptico:
Collido de https://www.facebook.com/FeiradoLibrodeRibadeo/ |
”
PHOTOCALL, SORTEOS DE AGASALLOS, PRESENTACIÓNS…
III Feira do Libro
29/06/2016
A III Feira do Libro de Ribadeo inaugurarase
este venres, 1 de xullo, ás oito da tarde, co pregón que ofrecerá o
escritor Antonio Reigosa. As casetas xa estarán abertas ao público desde
as doce do mediodía e a feira prolongarase ata o domingo, 3 de xullo. A
cita acollerá moitas actividades para nenos e nenas e adultos.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, dixo: “coido que este ano
damos un pequeno salto de carácter cualitativo nas actividades que se
desenvolven nesta III Feira do Libro. Persoas da talla de Francisco
Castro, de Pedro Feijoó, de Antonio Reigosa, de Ledicia Costas, xente a
nivel local como Cidre Fernández, de Mondoñedo, Pablo Vivín, de Ribadeo,
Xosé Otero Canto, que é un chairego que polos veráns está afincado na
Mariña e ten posto a súa mirada e os seus versos na praia das Catedrais,
xente como Caridad, que ten escrito sobre o fútbol do Ribadeo FC”.
O
edil nacionalista subliñou que “combinamos o local co universal e
poñendo sempre en valor a solidariedade e enriquecemento cultural a
través da actividade que desenvolvemos desde toda a nosa sociedade”.
O
responsable de Cultura ribadense engade que “é un pracer presentar esta
Feira do Libro porque ademais con ela inauguramos o terceiro trimestre
de actividade cultura en Ribadeo. Un trimestre moi intenso que xa
presentaremos para a semana que ven”.
Farruco Graña anunciou que
“vai haber moitas actividades para os cativos, potenciación dos valores
creativos a nivel local e presentaremos algunha novidade referida a
novos concursos literarios, porque consideramos que tras varios anos nos
que os nosos rapaces e rapazas, nen@s,
participan no certame literario de Nadal e as Letras Galegas que
organiza a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, e que despois
participan na fase provincial deste mesmo concurso, unha vez que rematan
a ESO hai que darlles saída para que poidan seguir desenvolvendo o seu
afán creativo a través da prosa, o verso e o debuxo”.
O concelleiro de Cultura quere “convidar aos libreir@s
de Ribadeo e da comarca da Mariña, e dalgunhas outras comarcas a que
tamén se achegan ata Ribadeo para mostrarnos os seus libros”.
Farruco
Graña detallou que “teremos charlas informais para falar cos escritores
e escritoras sobre as súas inquedanzas literarias, a súa capacidade
creativa e as súas fontes de inspiración. Charlas que pasan por un vermú
literario, charlas interxeracionais a través da habilidade como a que
ofrecerá a escritora de María Canosa, que tanto escribe para nenos como
para adolescentes ou adultos, charlas infantís con Ledicia Costas, que é
Premio Nacional de Literatura, charlas con Francisco Castro e coa xente
de aquí que presenta os seus libros como Pablo Vivín, Xosé Otero Canto
ou o noso veciño Caridad”.
Pola súa banda, o técnico municipal de
Cultura, David Díaz, declarou que “creemos que é unha Feira do Libro
que se vai caracterizar polo dinamismo cun programa amplo, no que non só
vai entrar en xogo a literatura senón tamén outras disciplinas que
consideramos fundamentais da cultura e coa que conversan diariamente”.
David
Díaz engadiu que “non imos ter unicamente presentacións de libros senón
que vai haber obradoiros para os máis pequenos, como un que realizará
Mau Marela de creación artística. Vai haber tamén concertos
poético-musicais como o que vai dar a famosa parella de Lucía Aldao e
María Lado, que se titula Sempre en Ibiza”.
O técnico de Cultura
comentou que “tamén imos ter unha ciclobiblioteca, que vai recorrer o
domingo as rúas de Ribadeo con pequenas estadías no parque de San
Francisco para facer de contacontos con Anxo Moure. Teremos tamén
pequenas demostracións de pintura como a que realizará Eduardo Baamonde o
sábado, ás seis, despois de contarnos a súa traxectoria dos seus
cadernos de viaxe. Hai infinidade de actividades para todas as idades”.
A
carón das casetas haberá un photocall no que se poderá tirar fotos con
lemas de animación á lectura. Por cada compra superior a 10 euros darase
un boleto para o sorteo dun lote de libros e dunha cesta de verduras e
froitas do Mercado de Ribadeo. Eses boletos estarán vinculados ao sorteo
do día que se fixo a compra e que terá lugar nas inmediacións da feira.
A clausura da Feira do Libro será o domingo, 3 de xullo, ás nove da
noite. Contará coa actuación de Moitas máis que dúas piano ensamble.
“