Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.492 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Hai 8 anos: Nota de prensa do BNG sobre o Porto


A comparar coa actualidade. Publicado en https://prensa-ribadeo.blogspot.com.es/2008/08/nota-prensa-bng-20080808-sobre-o-porto.html

“POLA MANTEMENTO E AUMENTO DA ACTIVIDADE DO PORTO

SEN AGRESIÓNS Á RÍA DE RIBADEO

Ribadeo
naceu arredor dun porto nunha das beiras dunha ría que posibilitou ese
porto natural. A día de hoxe ambos seguen a ser de grandísima
importancia, nunha vila con eminente vocación comercial e de servizos.
Non podemos prescindir de ningún dos dous, e o incremento da actividade
portuaria debe respectar a Ría de Ribadeo.

Desde o Bloque
Nacionalista Galego cremos que é posíbel manter e aumentar a actividade
do porto comercial sen que iso supoña un atentado ao contorno natural e
urbanístico. Neste momento o noso porto aínda pode incrementar o tráfico
portuario, e se Portos de Galiza tivese verdadeiro interese dragaría a
canle para permitir a entrada a barcos de máis calado.

Cremos que
o Porto de Ribadeo é o máis axeitado para a carga de pasta de papel
procedente da papeleira de Navia, aínda tendo en conta o futuro
incremento de produción: é un porto limpo, está a pouca distancia e as
tarifas son menores. Portos de Galiza debería preocuparse de sacar
partido a todas as potencialidades que ofrece, en vez de promover os
intereses dunha empresa particular que propón instalar unha nave que
ocuparía unha superficie da ría equivalente á dun campo de fútbol, e
cunha altura semellante á dun edificio de 8 andares. Quen vai crer que
isto non ten impacto sobre a ría? Ou pensan en Portos de Galiza que a
cuestión está só en disimulalo á vista?

O Bloque Nacionalista
Galego de Ribadeo chama aos veciños e veciñas de Ribadeo a manifestarse
contra o intento de levantar esta nave no porto e en favor dun
desenvolvemento sostíbel e respectuoso co noso contorno natural e
urbano.

Ribadeo, 8 de agosto de 2008”

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *