Non o atopo… onte dinme de bruces contra un anuncio que me invitaba, hoxe, a achegarme de compras a Asturias, a celebrar (en castelán) o día das letras galegas. Quería reproducilo aquí, pero con isto do ‘machine learning’, ‘smart net’ e cousas polo estilo a saber onde estará agochado para perpetrar a seguinte impresión.
Menos mal que, en sentido contrario, hoxe atopeime a lembranza de ter colgado hai dous anos o Comunicando de Hernán Naval na rede, o que levou os meus pensamentos pola lembranza dun amigo. O que me levou, tamén, ó detalle que collo da Galipedia.
E é que unhas cousas van levando ás outras… só hai que escoller o bo sentido para facer o recorrido.