Hoxe a prensa faise eco do enfado (un máis) do PP ribadense porque o alcalde non foi a ser testemuña ós Remedios da petición de Elena Candia á virxe (lembremos, dos Remedios)
Mentres, algunha das circunstancias:
*O alcalde si foi á procesión da patroa, tamén acto relixioso (aínda que entendo que para ese non tivo que ser invitado)
*Son invitados os alcaldes das sedes dos antigos partidos xudiciais, non todos os alcaldes da provincia eclesiástica de Mondoñedo-Ferrol.
*O acto leva 79 edicións, o que, facendo contas, nos retrotrae ó inicio: 1939
*Non asistiu tampouco o alcalde de Ferrol.
*Houbo invitación ‘oficial’ polo medio (non sei o grao de ‘oficialidade’ do acto en si).
*Candia pediu á Virxe por cousas como a separación de Cataluña e por máis empregos (non sei se tamén para que chova).
E agora, xulga.
Ben, podes ter aínda algún dato máis. Por exemplo:
*O PP di que van ós actos ‘oficiais’ ós que se lles invita (aínda que a moitos non se lles invite) e que o deber como gobernante era atender á invitación institucional.
Igrexa de Os Remedios |