Vale. Se o referendo catalán fora un partido, o resultado sería algo así como 20-2. Si, pódenselle dar moitas voltas, como que lograran votar máis de dous millóns de persoas despois de roubar urnas ou entrar a paus nos centros de votación. Pro o resultado está aí. Claro.
Mentras, a xente toda deste estado, seguiremos no día a día co desfalco político e o roubo xeral de dereitos. Nun caso será o 3% catalán e noutros as comisións diversas (por algo os cataláns teñen fama de organizalo todo ben). E seguiremos con cousas como a que hoxe aparece na prensa, no rinconciño non adicado a loar que ben se tentou destruir a vontade dun pobo: Gas Natural Fenosa logrou botar abaixo a cláusula que nun concurso premiaba que a enerxía producida fora ‘limpa’. Claro, o tema era que o concurso estaba convocado polos demos de Podemos e aliados no concello de Madrid. E por iso, calquera mota de pó vale para poder producir unha tormenta de area. E a lexislación española parece especializarse no uso de motas de pó nuns ollos e non nas vigas de outros, que para algo hai o control do que se lexisla. Por certo, a empresa é catalana, pero cando hai que axudar, xa se sabe, non importa que sexa catalana (sobre todo, tendo en conta os demos de Podemos)
Seguimos na normalidade.
![]() |
Sede de gas Natural Fenosa en Barcelona (que se saiba non foi atacada onte). Imaxe de Ricardo GNF en es.wikipedia.org, CC BY-SA 3.0 |