Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.452 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sinsentido de Renfe e horarios de autobús (ribadeo, Burela, Viveiro)


Ímonos afacendo. Pode ser percepción da idade ou da comunicación, pero os sinsentido que nos chegan están medrando en número e ‘calidade’. A última nova que leva a impronta ‘sinsentido’ aparece hoxe mesmo na prensa: a compañía que aglutina os ferrocarris en España, Renfe, encarga un estudo para saber cánta xente usa o tren FeVE na zona cantábrica. Iso quere dicir que podendo ter os datos pormenorizados de toda a liña ó día cobrando os billetes e polo tanto mantendo persoal e facendo o que ten que facer, vai gastar (que non invertir, que ten outro sentido) máis de 4000 euros mensuais durante dezaoito meses en persoal externo para facer un muestreo.

Non é raro despois do que leva pasado que a plataforma de defensa do ferrocarril Ferrol-Ribadeo considere a decisión insultante. Mentres, o mantemento da vía ou os horarios son deplorables, e a compañía xustifica que así sexa.

O certo é que o tren ás veces é usado por pouca xente, pero iso non é porque non sexa necesario ou porque non poda ser doutro xeito, senón polas condicións do servizo. Aí está a competencia, o transporte por estrada, que na restruturción realizada resulta que no tramo Viveiro-Ribadeo, conicidente con FeVE, dispuxo horarios que achegan a liña a un autobús urbano, respondendo á idea de que a Mariña é pouco menos que un contínuo de vila á beira do mar. Outra cousa é o servizo en zonas da Mariña menos poboadas, pero pódese corroborar o que digo cos horarios que adxunto, obtidos da web da empresa. Queres comparar co horario de FeVE?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *