Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Electricidade de calidade


Polo comunicado de onte da alcaldía, enterámonos de que a subestación eléctrica nova, que ó parecer será estreada o martes do antroido en Piñeira, será a panacea que paliará todas as lagoas de mantemento de liñas, rematando cos cortes de luz. Amén, descansen en paz.

Coido que a estación suporá unha mellora, pero que o mantemento das liñas elñectricas para a distribución está abandoado, e que esa foi (é) a causa da mala distribución . Que se empregara para presionar cando a liña e a subestación estaba cuestinada e había unha oposición mesmo xudicial, esa é outra cuestión de aproveitamento de recursos informativos dun xeito fraudulento por parte da empresa para outra causa que non tiña que ver (déranlle ou non a razón á empresa na causa xudicial)

O troceamento do subministro eléctrico en produción, distribución e comercialización, que se fixo efectivo en España hai xa anos, formalizou unha producción e comercialización altamente rendibles e totamente privadas, e unha distribución de alto custe de mantemento en monopolio público tutelado polas privadas e desatendido. Dese xeito, todos sabemos que para protestar pola abusiva factura da luz temos que ir a un sitio -sen moita esperanza no fundamental, blindado legalmente-, pero a calidade depende de outro… que non ten contacto directo connosco.

Ademáis, unha parte considerable do custe (por iso se di ás veces que a electricidade en España non é ‘tan cara’ a pesar de estar no pelotónde cabeza europeo) vai a á cota fixa de enganche, desalentando os aforros de consumo.

E, sobre aforros de consumo, en todo o mundo occidental hai un equilibrio entre a instalación de producción eléctrica e o seu consumo. Foi cando se viu que pola ganancia de eficiencia o consumo non ía tirar moito para arriba cando a tarifa de enganche subiu, como seguro de ingresos, aínda que non haxa consumo.

E así andamos. Con ou sen a nova e cuestionada subestación eléctrica de Ribadeo.

Subestación eléctrica. Imaxe de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Subestaci%C3%B3n_electrica_1.jpg . Foto realizada por Angel Aroca Escámez. Lic.CC by-sa 3.0.

Comunicado sobre o retardo  do proceso da subestación, por Evaristo Lombardero.

+ da subestación (a modo de historia).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *