Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Fronte ó eixo atlántico, menor velocidade en Ribadeo


Hoxe na prensa poden verse as últimas novas fronte ó corredor atlántico: se Galicia sae mal parada, a Mariña sinxelamente non sae. Por contra, hai poucos días pasaba unha nova na que un xornal a nivel estatal recoñecía o desastre de Feve, e hai pouco aínda que nas estradas ‘convencionais’ entraron estes valores de impedimento de velocidade:

Cal é o motivo da rebaixa de velocidade? Que a menor velocidade, menos accidentes… E, se te quedas na casa, seguro que non tes accidentes por viaxar! Pero o caso é que isto das menores velocidades perxudica mais… a quen? á xente das zonas menos poboadas. E… non sería máis efecivo en canto a accidentes un mellor coidado das estradas ou unha racionalización da sinalización que evitara as incongruencias e a hipersinalización que non da asimilado quen conduce?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *