Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Una noticia sobre o ensino en Ribadeo e no mundo


Hoxe por fin logrei poñerme ó día lendo unha nova de ensino na revista Eduga. Trata da internacionalización de proxectos europeos en Ribadeo, en concreto neste caso no CIFP Porta da Auga.

Continúa por este medio unha internacionalización á que contribuín no seu día cos primeiros proxectos, baixo a dirección de Álvaro Doural no IES Porta da Auga. O primeiro deles, que no centro versou sobre as festas populares no entorno ribadense, daría lugar a un libro (que pódese atopar aquí -As Festas populares no entorno ribadense-, aquí -segunda parte-, e aquí -terceira- con outra parte tratando doutras festas do entorno. Tamén o segundo proxecto, liderado xa polo centro, versando neste caso para tódolos participantes sobre as feiras de ciencia,a máis de contribuír  internacionalizar a feira de ciencia ribadense, daría lugar a outro libro sobre a realización de proxectos, Science Fairs Throughout Europe (ou aquí, en partes en pdf: SFTE 1, SFTE 2, SFTE 3, SFTE 4).

A eles, proxectos Erasmus Comenius, seguirían outros, proxectos Leonardo, accións de mobilidade, etc, diversificando asemade os promotores (tanto APAGA, con Álvaro Doural, como sucesor directo, como O IES Dionisio Gamallo Fierros, e logo o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, ou o CIFP Porta da Auga. Estes deron lugar asemade a diversas publicacións, como “DALLA DIDATTICA ALLA E-DIDACTICS” en italiano, ou en versión en inglés “FROM DIDACTICS TO E-DIDACTICS”, con dous capítulos con orixe en Ribadeo (non dispoñible na rede, mais subministrable a petición), vídeos, CD formativos, ponencias en congresos, etc, a máis de sobrepasar varios centeares de mobilidades de persoas en formación ó largo de Europa. Unha historia que está dispoñible a retazos e que é de esperar que se vaia completando.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *