O sábado 7 tivo lugar unha nova concentración de pensionistas en Ribadeo, como tódolos sábados dende hai máis de dous anos (excepto os afectados polo confinamento). Foi no Cantón, ás 12, coma sempre, e deixo en baixo unha foto de Suso Fernández, recortada, e a declaración que se leu. Os asistentes quedaron convocados xa para o proximo mes.
Tivo lugar unha hora despois doutra, da hostalería, da que non podo dicir máis que o que me comentaron, pois non me enterei. Polo que parece, foron preto de cen persoas, incluíndo representación institucional.