O observatorio de aves sobre a ría de Ribadeo (km 3,5 da N-642) levaba unha tempada que parecía que ía quedar literalmente en pedras para limitar o espazo e un par de bancos, resto do antigo observatorio. Hoxe había xa unha caseta, aberta cara á estrada, supoño que coa esperanza de que non se convirta nun novo mexadoiro e cagadoiro. Aí quedan as fotos.
A marea, en baixa, deixaba ó descuberto toda a lingua do río Grande
Ó fondo, Ribadeo, Castropol, As Figueiras
Os meandros de escorrentía tecen un debuxo sobre o fondo de lama.
O Sol, ó reflectirse, fai cambiar o aspecto.
A nova caseta, cos dous bancos que quedaron no seu interior e as pedras limitando o aparcamento.
Panel informativo.
—