Antonio Gregorio Montes, quen levo este blog e autor de máis de nove de cada dez artigos na historia do blog.
Deixo a continuación unha biografía que na actualidade se pode ver en ‘galegos‘ (en Galicia Dixital, lugar por certo onde me publican artigos na sección de opinión e tamén teño algún libro):
“
Casado no ano 1982 con Gregoria Gómez Alonso, pai de 4 fillos.
Matrícula de honra en COU, rematou Ciencias Físicas (rama Fundamental)
en 1979 Universidade de Valladolid. Profesor de Formación Profesional
(Física e Química) con oposición en 1980, posteriormente obtén a
condición de catedrático. Dedicado ó ensino antes xa de rematar a
carreira na Aula María de Molina (centro de axuda de adultos), comeza a
dar clases no actual IES Delicias de Valladolid. Destinado a Ribadeo,
impartiu clases desde o ano 1982 no actual IES Porta da Auga, onde
ocupou diversos postos directivos e logo, no actual IES de Ribadeo
Dionisio Gamallo ata a súa xubilación.
En diversas ocasións tivo ó seu cargo cursos de formación do
profesorado, tanto de informática como de didáctica, así como unha
disciplina do CAP varios cursos en Santiago e en Lugo. Tamén mantivo
xunto con outros compañeiros da Mariña un grupo de traballo sobre
didáctica. Pertenceu ó grupo de traballo de Física para as probas de
acceso á Universidade – LOXSE. Dende a súa formación ata a xubilación.
Xunto con outros compañeiros, creou en 1995 a Feira da Ciencia e
Tecnoloxía, de celebración anual en Ribadeo, manténdoa durante 25
edicións.
Foi acredor dun dos premios de innovación educativa 2001 e do premio
da AGC 1998 para artigos na prensa escrita polo artigo ‘Marcas’.
Codirixiu o traballo tamén premiado ’Reconocérmonos como consumidores:
os hábitos de consumo e ocio entre a xente nova nas portas do século
XXI’ (premiado en 2003).
No campo social, foi membro da xestora e posteriormente presidente do
Club de Xadrez Alfonso X el Sabio de Ribadeo. Tamén participou na
xestora e directiva da Asociación Amigos da Música, titular da Banda
Sinfónica Municipal de Ribadeo, da que foi catro anos presidente. É
directivo da AVV de Ribadeo O Tesón, da que foi impulsor. Así mesmo,
colabora con outros grupos e asociacións.
Ten publicados diversos artigos só ou en colaboración poñendo en
relación física e ensino en revistas relacionadas con esta temática,
como Cuadernos de Pedagogía, Ciencias, Revista de Enseñanza, Revista de
Enseñanza de las Ciencias, Abeiro, Revista de Enciga ou Concepción
Arenal. Tamén participou e participa con artigos na prensa en papel e
dixital, primeiro sobre ciencia e logo sobre diversos temas. Títulos
como ‘Ramón y Cajal, visión de la investigación por un Científico’, no
diario El Norte de Castilla, ou a serie sobre os eclipses publicada en A
Mariña / El Progreso, son continuados na actualidade por artigos en La
Comarca del Eo, Galicia Digital, Praza.gal ou Crónica3.
Colabora coa Galipedia dende o seu nacemento en 2003.
Ten publicado ou colaborado en diversos libros. Entre eles:
Banda Municipal de Ribadeo 5 (aavv, 1997).
Orientacións á física de 2º de bacharelato (aavv, 2001).
As festas populares no entorno ribadense (aavv, 2001).
Ribadeando 2004.
SFTE… e máis. Notas e suxerencias sobre un Proxecto Escolar Europeo (con Gérard Traineau, 2005).
Ribadeo no tempo, a través das imaxes (aavv, 2006).
Dalla didattica alla e-didactics. Paradigmi, modelli e tecnichi
dell’e-learning (en italiano, aavv, 2007. Versión inglesa en formato
dixital, ‘From didactics to e-didactics. E-Learning paradigms, models
and technics’).
Investigación facendo e difundindo (aavv 2012).
Física (comezo de libro colaborativo, libre, en internet, 2016).
José María Rodríguez Díaz, In Memoriam (aavv, 2018).
A temperie ribadense no 2020 (e un complemento) (2021).
Tamén mantén os blog ‘Ribadeando’, ‘Tentando Educar’ e ‘Física e Química en
Ribadeo’, así como a wiki ‘As feiras de ciencia na Galiza’, entre
outras incursións independentes no mundo dixital.
Participou como clarinete durante varios anos no cadro de persoal da banda municipal de Ribadeo.
“