Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Eólicos na Mariña, así non, comeza un novo ano


    A
plataforma de loita contra os eólicos invasivos monta un novo acto
explicativo en Barreiros, a máis de impulsar o seguir presentanto
alegacións. Vai aquí a primeiro, nota de prensa, logo, as indicacións
para alegacións e despois os enderezos web da plataforma, rematando cun
pequeno comentario da miña parte:

O
próximo luns 3 de xaneiro terá lugar en San Cosme de Barreiros unha
charla informativa sobre as serias consecuencias que a instalación
de varios Complexos Industriais Eólicos terían sobre os sectores
gandeiro, forestal e turístico da nosa comarca. En concreto,
falarase dos proxectos que afectarían a Barreiros, Ribadeo, Foz e
concellos limítrofes. O acto terá lugar ás 20:00 da tarde no
Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A Plataforma “Eólicosna Mariña, así non“, organizadora do acto, convida a asistir a
tódolos veciños.

“Ola!

Temos preparadas varias alegacións para que poidades escoller a que
mellor se adapte ás vosas necesidades. Calquera delas podedes adaptalas
coas vosas necesidades e esixencias particulares.

Alegación máis completa na que se tocan todos os aspectos relacionados co proxecto

Alegación máis sinxela pensada para que toda persoa interesada a modifique segundo as súas mecesidades

A alegación anterior adaptada aos afectados de Foz/San Martiño

Calquera das alegacións poderán presentarse no Portelo Único do voso Concello, dirixido a:


SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Área de industria e Enerxía

Praza de Ourense, nº 11, A Coruña, C.P. 15003.


Tamén poden presentarse de forma telemática no seguinte enlace:

https://rec.redsara.es/registro/

O prazo de presentación é ata o 12 de xaneiro de 2022, así que non vos despistedes!

Para calquera pregunta non dubidedes en facérnola chegar.

Xuntos poderemos parar este expolio. Alegade, compartide, difundide!!”

Plataforma Eólicos Na Mariña, Así Non.

https://www.facebook.com/eolicosnamarinha.asinon


    Rematando
o ano, recibiuse a nova de que Alcoa e Capital Energy, a principal
beneficiaria de adxudicacións de parques eólicos, asinaran un
‘preacordo’ para o subministro de enerxía -para a que aínda non están
instalados os eólicos- a prezo fixo -que non está posto aínda- a partir
de 2024 -a lembrar o ‘peche-moratoria’ de Alcoa- da cuarta parte da
enerxía que Alcoa necesita para producir Aluminio -e o resto?-. A nova
pode consultarse, por exemplo, no Xornal da Mariña, co título “Outro
golpe de efecto de Alcoa; Capital Energy tamén subministrará enerxía
renovable á planta de Cervo”. A xogada é redonda: un preacordo a pouco
obriga, pero ambas empresas autoaxúdanse sen custe. A unha, a
multinacional alumineira, dalle credibilidade de que volverá a poñer en
funcionamento as cubas electrolíticas e facilítalle un proceso delicado no que contrastan cousas como a ampliación da balsa de lodos para tres anos coa posibilidade dun futuro a longo prazo. Á outra, produtora enerxética,
preséntaa como salvadora para inclinar a balanza e permitir a
instalación acrítica de eólicos segundo os seus proxectos e contra calquera
oposición veciñal lóxica. Entrambas, perfilan a forzaleza dun sistema
socioeconómico que non se mantén se non é pola agresión ambiental e
social, presentándoo, non obstante, como aproveitador en troques de
agresor ambiental, e dadivoso en troques de chupasangue social.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *