Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.620 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Paz antes das eleccións


Umha semana máis, este domingo 15 de novembro convócase concentración pola paz en Ribadeo. As actividades pola paz, como as concentracións, seguen a ser necesarias: a paz está lonxe. Por iso, mensualmente Suso pide a autorización para facelas en nome de todos os que nos concentramos. Mais, este mes atopouse cunha negativa: o 29 de novembro, domingo, non está permitida a concentración pola paz. Parece que a paz ou non é neutra electoralmente ou é algo semellante a un perigo. Quizáis habería que pensar que partidos políticos estarían en contra da paz e lles molestaría un encontro como noso para poder interferir no proceso electoral. Isto é, que partidos estarían pola guerra e/ou para os que a paz sería unha molestia. É evidente que as concentracións son máis necesarias que nunca.

Deixo en baixo o documento da Xunta Electoral Provincial, por se alguén quere facer outra lectura diferente:

Fediverse reactions

Unha resposta a “Paz antes das eleccións”

  1. @ribadeando Supoño que tamén cancelarían a misa… Ou iso venlles ben?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *