Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.606 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Espazo de reparación colectiva


O nome de repair café sóache? Ben, é un nome importado. Pode que o de ‘espazo de reparación colectiva’ sexa unha denominación en galego máis precisa que a orixinal para algo que máis ca un taller de reparación é unha festa da reparación, con contacto con outra xente ou aprendizaxe. De calquera xeito, con motivo do día da reparación (‘repair day’), o sábado 17, na Biblioteca Maravillhas (escola de Arroxo, Vilanova de Lourenzá) esperámoste se tes algo que reparar, queres axudar a facelo, tes ferramentas que non son comúns e poideran ser necesarias… ou sinxelamente tes curiosidade. Alí estaremos, de amarinha.gal, co apoio de Enxeñería sen Fronteiras ou o teu propio apoio!

Fediverse reactions
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *