Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.596 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A moderna Manuela


Pensar un pouco. Iso retarda. Mais, con tempo, remata saíndo a conta.

A cousa comezou o outro día coa presentación en sociedade do mural de Manuela Barreiro. Un mural na rúa Ramón González, xa facendo esquina a San Roque, en Ribadeo (https://www.openstreetmap.org/#map=19/43.537249/-7.043591). Dende alí, unha beira enteira sen ocos dunha casa (debido a que esa rúa, Ramón González, foi feita ‘a posteriori’ procurando un oco entre construcións da rúa Rodríguez Murias – San Roque) vese a casa que acubillou ‘La Moderna’, farmacia rexentada por Manuela Barreiro. E o nome que presta o título ó mural e a este artigo. Un nome que ven dun título dun artigo en contra de Manuela… ver en baixo!

O pdf do díptico entregado coa presentación deixa na súa segunda páxina o artigo en ataque do feito de que Manuela Barreiro fose estudante de farmacia na Universidade. A iso se refiren nos vídeos que deixo en baixo. Mentres, as dúas páxinas en jpg:

Na presentación interviu un como introdutora a concelleira de cultura, Begoñ Sanjurjo, destacando entre o resto por unha parte a farmacéutica (actual) Montserrat Iglesias Núñez, impulsora da realización da imaxe, e o propio artista Diego As (en realidade, o artista ‘principal’), ou Isabel Fernández (USC, quen deu impulso ó estudo da figura de Manuela) e non estando no escenario Eusebio (o ‘artista invitado’ para facer o mural), Fernanda Sela (que é a protagonista dun vídeo realizado polo Fary sobre o seu coñecemento cando nena de Manuela), ou Hugo, citado como cabeza visible dos músicos que amenizaron o acto, a máis dos membros da A. X. ‘La Moderna’ que representaron fragmentos da obra de teatro sobre Manuela Barreiro.

Quedan aquí algún vídeo, foto e tamén algún audio sobre o acto, recollendo o que alí se dixo a excepción do vídeo de Fary entrevistando a Fernanda Sela.

Por último, un par de vídeos alleos ó acto pero non á vida de Manuela Barreiro:

Fediverse reactions
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *